Bases para a presentación de Comunicacións Libres
Presentación de comunicacións libres
Os traballos poderán presentarse en calquera dos idiomas oficiais das Xornadas (Galego, Castelán e Portugués) ata o 9 de setembro de 2022.
Deberase indicar se se desexa optar a premio.
A modalidade de presentación será escrita (póster): O poster terá unha dimensión máxima de 90x120cm (formato vertical).
Os/As autores/as poderán achegar o día das Xornadas copias impresas en formato A4 para a súa distibución
Os pósteres serán expostos en formato físico no espazo de celebración das Xornadas.
Entregarase un certificado de presentación de comunicación escrita con tantas copias como autores/as figuren nel.
Temática
Aceptaranse traballos centrados nalgún tópico relacionado coa psicoloxía educativa. Poderán tratarse de investigacións orixinais, estudos de caso, deseño ou validación de instrumentos de avaliación, proxectos de intervención psicoloóxica, exposición de modelos teóricos ou traballos de revisión.
Normas de presentación
Os resumos remitiranse mediante o formulario de envío e terán unha extensión de entre 250 e 300 palabras, debendo facer constar ata un máximo de cinco palabras-chave.
Deberá incluír información relativa á introdución, obxectivos, método, resultados e discusión/conclusións. Non se poderán inserir táboas nin figuras no resumo.
Para presentar un traballo é requisito imprescindible que cando menos un dos autores/as estea inscrito/a nas Xornadas. Se un traballo non é aceptado, poderase solicitar a devolución do 100% das taxas de inscrición.
Ningún autor/a poderá figurar en máis de 3 traballos.
Premios
Poderase optar a premio; o comité organizador seleccionará o mellor traballo en función da súa calidade, orixinalidade e riqueza expositiva e dará a coñecer o traballo gañador no transcurso das Xornadas.
Establécese un premio de 250 € e a organización das Xornadas estenderá un diploma acreditativo.
O premio poderá declararse deserto.